Que é a Marea Granate?

A Marea Granate é un movemento transnacional e non partidista, formado por emigrantes do Estado español e simpatizantes, cuxo obxectivo é loitar contra as causas e quen provocou a crise económica e social que nos obriga a emigra
r.

O noso colectivo nace xunto con outros movementos sociais aparecidos en España nos últimos anos. Somos a extensión destes fora do estado. A nosa marea é granate, como a cor dos nosos pasaportes, símbolo da nosa emigración forzada.

Por que loitamos?

A nosa situación actual como emigrantes é o resultado directo das políticas económicas e o aumento da inxustiza social levados a cabo en España. A corrupción, fomentada por un sistema sen escrúpulos, tanto a nivel nacional como a nivel global, roubounos o noso espazo e a inexistente democracia, a nosa voz. Unha minoría enferma de cobiza, toma as decisións que nos pertencen no seu propio e exclusivo beneficio. Denunciamos o papel actual da Troika (UE, BCE e FMI) e o voto pregado.

Chamamos a analizar e denunciar as consecuencias destrutivas do actual sistema económico: por un lado, identificando as causas que nos levaron a abandonar os nosos lugares de orixe, as nosas familias e as nosas amizades: por outro lado, poñendo en primeiro plano as difíciles condicións de vida das persoas emigrantes.

Somos conscientes de que a nosa non é unha loita illada, que as causas que nos levaron fora de España non son distintas noutros países, polo que buscamos tecer redes cos colectivos locais que nos rodean. Alén diso, existen outros colectivos de emigrantes nos nosos países de acollida cos que colaboramos creando unha rede de apoio mutuo para as persoas recén chegadas. A Marea Granate cristaliza un sentimento compartido por mudar as cousas.

Como nos organizamos?

Somos un movemento horizontal que se reúne regularmente en asembleas tanto presenciais como virtuais, a nivel local e global. Fomentamos novas formas de participación, auto-organización e defensa dos dereitos alén das fronteiras. Para iso estamos tecendo unha rede de cooperación internacional, uníndonos a outras iniciativas coa fin de construír un futuro xusto e sen precariedade.

As nosas accións teñen como elementos característicos a non violencia, o respecto mutuo, a auto-organización, a solidariedade e a procura do ben común.

Como podo participar na Marea Granate?

Partimos da base de que todo o mundo ten moito que aportar. Se tiveches que emigrar, únete ao grupo local da Marea Granate. Se non existe, animámoste a crear un.

Ponte en contacto con Coordinación para explicarche como funcionamos.

Email: coordinacion (a) mareagranate.org