Marea granate manifesta a súa solidariedade cos refuxiados e esixe respostas políticas reais

0 510
Refuxiados seguen a chegar incesantemente ás costas europeas, preto de 300.000 ata agora en 2016, segundo o ACNUR; Mentres tanto, un novo curso político parece comezar no Parlamento e os nosos representantes non fan nada para resolver esta situación que é cada vez máis complicada, tanto na costa do Mediterráneo como na fronteira con Turquía,  nos Cíes e nos campos de Calais.
 
Marea granate, como un grupo transnacional de inmigrantes, quere decir “Basta!” ante a pasividade e indiferenza institucional sobre este tema e expresar o seu apoio e solidariedade con todos os refuxiados. Tamén expresa o seu forte rexeitamento ao acordo vergoñento entre a Turquía e a UE, que utilizan ós refuxiados e a súa situación precaria como moeda de negociación. Con estas prácticas, gobernos e institucións europeas non só evitan os tratados internacionais como a Convención de Xenebra ou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, senón tamén clasifican as persoas desprazadas, etiquetándoas dependendo de se son emigrantes comunitarias, extracomunitarias con papeis, sen papeis ou refuxiadas. A mera existencia destas categorías para designar seres humanos é detestable en si, pero tampouco hai que esquecer que o destino, e, probablemente, a supervivencia destas persoas dependen de como os etiqueten, se teñen papeis ou non. Estas categorías son inxustas e intolerables.
Nós expresamos a nosa máis profunda preocupación pola dor e o sufrimento de millóns de persoas desprazadas polo terror e que fuxen a Europa para buscar un refuxio seguro e unha vida digna e, de momento, non atoparon. Estamos alarmados polas preocupantes novas que chegan todos os días sobre as mortes no mar, o regreso dos refuxiados a Turquía, as condicións inhumanas nos campos de Europa e os que optan por volver á Siria despois da mala experiencia en Europa e no tratamento vexatorio ó que están suxeitos. A resposta política miserable a esas informacións aumenta a nosa inquietude e nos causa preocupación e indignación.
 
Polo tanto, esiximos que as institucións europeas e os Estados membros asuman a súa responsabilidade na situación xeopolítica actual. Tomar medidas para pór fin a unha traxedia cuxas vítimas comezan a estar no fondo do mar Mediterráneo e para axudar a salvar as vidas de miles de persoas inocentes, do mesmo xeito que os individuos, grupos e ONGs veñen facendo desde hai meses. Ademais, esiximos:
1. A revogación inmediata do acordo da vergoña coa Turquía.
2. A apertura das fronteiras a todas as persoas que tiveron que emigrar; como un dereito humano fundamental, recoñecido internacionalmente e que non debe ser violados en ningún suposto. No caso dos refuxiados, esiximos que sexan habilitados corredores seguros, que se faciliten e aceleren os mecanismos legais de asilo e que sexa dada especial atención á situación dos nenos e das mulleres que están en alto risco de exclusión e así, garantir a súa seguridade.
3. A restauración do estatuto do refuxiado e, polo tanto, do dereito de asilo, tal como se na Convención de Xenebra, asinado por 145 países e en vigor desde 1951.
 
Por último e coincidindo coa estrea de “Astral”, o filme documental de Jordi Évole sobre as dificultades das persoas refuxiadas no Mediterráneo, non queriamos esquecer a inxente labor de organizacións non gubernamentais e persoas particulares que están a responder, de forma moito máis eficaz que os gobernos, ante a (así chamada) “crisis dos refuxiados”. Aplaudimos iniciativas como Caravana a Grecia e destacamos a enorme labor de asociacións como Benvenidos Refuxiados, a Red de Acollida de Refuxiados, Proactiva Open Arms e ProemAid, quenes, xunto a outras iniciativas locais e municipais, tentan de denunciar e mitigar a dolor das víctimas desta situación. Unímonos ás súas iniciativas e reivindicacións.
¡Ésta non é a nosa Europa! ¡Non no noso nome!

 

Barca llegando a Lesbos. Fuente La Voz de Galicia

—–

 

 

—–

 

 

Marea Granate

View all contributions by Marea Granate

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *